Festival Fartar – 2ª Edición – 2013

Organizado polo Servizo Municipal de Cultura do Concello de Arteixo o FArtAR (Festival Arteixán de Arte na Rúa) naceu no ano 2012 coa finalidade de achegar á poboación distintas manifestacións culturais.

Esta segunda edición saca á rúa disciplinas como: a literatura, o humor, o canto coral, a música, a danza, a escultura, a pintura, o teatro, as artes circenses, o cine, a fotografía, os monicreques,…. para que a veciñanza poida gozar ao aire libre das expresións artísticas máis variadas.

Por mor da choiva e do descenso das temperaturas, a Concellaría de Cultura adoptou a decisión de suspender parte dos actos previstos para o Festival Arteixán de Arte na Rúa. Os actos que se van manter terán lugar no Auditorio.

Ver o novo programa de actividades

portada